Entradas

ATA PRONTO!

Imagen
ALUMNADO CON  NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas noites! Ata aquí chegou o percorrido neste curso académico 2019-2020 deste blogue que xurdiu e se elaborou no confinamento en tempos de pandemia pola covid-19. Estivemos repasando os contidos dados no 1º e 2º trimestre deste curso, e a partir do día 23 de abril foi unha xanela aberta á lectura, que ten que ser para todos nós un hábito cotiá. O meu obxectivo foi contribuír a mantela e impulsala, pois a lectura é unha constante na nosa vida. Espero que disfrutarades nesta viaxe a través das letras; quedaron atrás moitos autores e autoras en lingua castelá e lingua galega que non puideron, por falta de tempo, ver a luz neste blogue no presente curso. Grazas a todas e todos os que léchedes este blogue pola vosa atención e seguimento. E recordarvos que non vos esquezades de ler un pouquiño tódolos días e para que poida voar a vosa imaxinación lede moito este verán e disfrutade da

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Hoxe imos tratar a figura dun escritor polifacético, mestre da narrativa fantástica,  homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 1991. É Álvaro Cunqueiro Mora (1911-1981), novelista, poeta, dramaturgo, periodista e  gastrónomo. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contempóranea :"  Con Álvaro Cunqueiro achámonos en presencia dun escritor profesional, tipo dabondo raro na moderna literatura galega". O primeiro Cunqueiro foi fundamentalmente poeta, de xeito vangardista, e logo da guerra civil dedicouse sobre todo a narrativa e o xornalismo, deixando artigos en La Voz de Galicia , El Progreso e Faro de Vigo, entre outros. Imos ler un fragmento da súa obra Xente de aquí e de acolá publicada no ano 1971 Cando Penedo foi de caza Penedo de Oirán mercou unha escopeta de segunda man, e botouse ao monte, novato cazador aos cincoe

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Hoxe falaremos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 1992, vinculado ós novos movementos literarios e culturais de Galicia, foi en 1923 un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. É Fermín Bouza-Brey Trillo (1901-1973), xuíz de primeira instancia e maxistrado, dedicouse toda a súa vida ós estudios de prehistoria e etnografía, temas sobre os que publicou gran cantidade de monografías e artigos. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea ;"... a súa obra científica é de arqueólogo e etnógrafo, historiador da cultura e erudito da literatura galega... Como poeta , en Nós foron aparecendo versos seus a partir de 1922..." Imos ler un dos seus poemas que é un soneto Diante do mar de Cambados O canistrel de mestos lumiares que na serán calada se derrama, todo luz, todo ouro, todo flama, envexa d

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA  DE AROUSA Boas tardes! Hoxe tócanos falar dun escritor e periodista. tanto en galego como en castelán, que emigrou a Arxentina, onde viviu longos anos, e a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1993. É Eduardo Blanco Amor (1897-1979), mestre da moderna narrativa galega. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea : "Blanco Amor era fundamentalmente poeta antes de 1936. É fundamentalmente prosista despóis desa data". Moitas das súas obras narrativas ( A esmorga, Xente ao Lonxe, Os biosbardos ) desenvólvense nunha cidade ficticia, Auria, trasposición literaria do seu Ourense natal. Os biosbardos é  un conxunto de" contos para a xente" postos todos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil. Imos ler un fragmento desta obra literaria:

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA  Boas tardes! E moi boa fin de semana! Imos centrarnos nun xornalista que dirixiu as publicacións Nova Galiza , Hora de España , entre outras; que exerceu como lector de español en Cambridge e foi profesor en Monterrey (México), a quen se dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1995. É Rafael Dieste González (1899-1981), dramaturgo, ensaísta e poeta, considerado un dos mellores narradores da xeración que seguiu a Castelao e Otero Pedrayo. En 1970 ingresou na Real Academia Galega. Carballo Calero, na súa Historia da Literatura Galega Contempóranea , di: "...a obra galega de Dieste é narrativa e teatral...". Imos ler un fragmento dun relato, O grandor do mundo , que aparece no apéndice da comedia A fiestra valdeira (1927). O GRANDOR DO MUNDO Tanto ouvira falar de Bôs-Aires, das ruas longas e direitas que non se dan ademiradas nin andadas, da prata relocinte e xeneros

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Imos recordar hoxe un escritor e arqueólogo a quen se lle dedicou o Día das Letras Galegas no ano 1968. Podemos dicir que con él, Galicia soubo, por fin, que tiña unha riquísima prehistoria. Sabedes de quen falo? É Florentino López  Alonso-Cuevillas (1886-1958) antropólogo e prehistoriador, que fixo investigacións no campo da cultura celta-castrexa e da sistematización da prehistoria galega contribuíndo co seu traballo científico na normalización da lingua galega. En palabras de Carballo Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea :"... Cuevillas nunca fai literatura gratuita. É un historiador, un prehistoriador ou un pensador; pero posee unha educación e unha capacidade literaria que lle permiten informar artísticamente o contido da súa comunicación científica". No libro póstumo  de Cuevillas, Prosas galegas, lemos o seguinte fragmento: &qu

UNHA VIAXE A TRAVÉS DAS LETRAS-Textos escollidos

Imagen
ALUMNADO CON NEAE DE 1º E 2º DA ESO DO IES CASTRO ALOBRE DE VILAGARCÍA DE AROUSA Boas tardes! Hoxe falamos dun intelectual, xeógrafo, investigador e político galeguista, que recibiu o título de O Patriarca polo que chegou a significar na vida e na cultura de Galicia, homenaxeado no Día das Letras Galegas no ano 1988. É Ramón Antonio Vicente Otero Pedrayo (1888-1976), que naceu en Ourense na rúa da Paz , na mesma casa que Vicente Risco, e que foi Catedrático de Xeografía e Historia na súa cidade e máis tarde, pouco antes da súa xubilación, en Santiago de Compostela. Cultivou a poesía, os relatos, a novela, os ensaios, os libros de viaxes...Como di Carballo Calero na súa Historia da Literatura Contemporánea : "A personalidade literaria de Ramón Otero Pedrayo é moi complexa, cultivou a literatura didáctica e a literatura poética. Dentro desta a ficción, o drama e a lírica". Imos ler un fragmento do conto que leva por título As sete portas da sociedade , que se